lunes, 31 de mayo de 2010

III TRIATLON DE NiGRAN

A xornada comezou cunha proba de promoción onde tiñan cabida un amplo abano de categorías, desde infantís ata veteráns.

Paco Tielas Xurxo camiño a primeira transición

Paco Tielas levouse o trofeo do segundo veterán e J.C. Torres acadou a cuarta posición. Sinalar a participación dos infantís Irene, Lara, Xurxo e Artur que se estrenaron nesta tempada na especialidade.
Antonio e Aitor nos últimos metros da carreira

En grupos de idade presentábanse Hector, Brais, Javier Contreras, Aitor, Manuel Miranda e Antonio Serrat, acadanto este último o mellor resultado cun terceiro posto en cadetes.

En categoría femenina a nosa única representante foi a cadete Eva Álvarez que subíu o terceiro caixón da súa categoría.

Para buscarse e verse nas picassa de: AD Fogar, CT Ferrol, BagRap, Mar de Vigo.

VIDEO "I DUATLON CROSS MAMOA DE CANDEAN"

Un pouco tarde, pero aiquí está!

lunes, 24 de mayo de 2010

V TRIATLON DE RIAZOR

O pasado 17 de maio celebrouse o Triatlón de Riazor organizado por CT Coruña. CT Mar de Vigo estivo representado por Francisco Tielas, Javier Contreras, Hector Solveira, Manuel Miranda y Antonio Serrat.
Antonio volveu a subir o podium da súa categoría, esta vez en segundo lugar.
Fotos de CT Coruña: nadar, bici e correr.

miércoles, 12 de mayo de 2010

ANTONIO SERRAT CAMPIÓN GALEGO!

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLON ESCOLAR 2010


O pasado sábado día 8 de maio celebrouse en Vilalba o campionato galego de duatlón escolar

2010. O noso club saíu as 10:30 do pavillón do Carme e as 13:00 paramos a comer nunha

residencia universitaria en Lugo na que deron de xantar aos atletas.


LUGAR ONDE XANTARON OS ATLETAS

Unha gran cantidade de duatletas das categorías alevin, infantil e cadete asistiron a proba.

Comezou a tarde coa categoría alevin as 16:30 deuse a saída e os duatletas mais pequenos

comezaron a carreira.

Na categoría feminina conseguiu a vitoria a atleta do club Atletismo Porriño, Iria Rodríguez

que dominou a proba dende o principio ata o fin cunha meritoria vantaxe sobre a 2ª Aroa

Freije(Cidade de Lugo Fluvial) e a 3ª clasificada Alicia Vila(Tri.Arcade Inforhouse). Por parte das

nosas duatletas Sara González rematou nunha meritoria 7ª praza a pouco de acadar o podio, e

Cristina Hervés na 16ª posición no seu primeiro ano neste deporte.

Na categoría masculina tamén venceu un atleta de Porriño, Hector Álvarez e completaron o

podio Marcos Ruiz(Triatlón Ferrol)e Antonio Souto(Escolas Municipais de Vilalba). Os nosos

duatletas case todos no seu 1º ano fixeron todos un bo papel para a súa primeira

competición.

-Os infantís comezaron as 17:00 e foi tamén unha carreira moi interesante.

Na categoría feminina venceu Xiana Rendo(Tri. Arcade Inforhouse),2ª Uxía Pérez(Atletismo

Porriño) e 3ª Alba Lema(Olímpico de Vedra). As nosas duatletas Sara Penedo rematou nunha

gran 6ª posición a pesar de que non se atopase ben esa maña. Irene Serrat na 10ª posición que

tivo un pequeno percance na bicicleta e Lara Miranda na 14ª praza. O mais importante foi que

entre as 3 acadaron a segunda praza no caixón por equipos. Aquí chegaba a nosa primeira

alegría.

Na categoría masculina o club Olímpico de Vedra dominou con Anxo Lema 1º e Daniel Bouzón

3º, entre eles David Liste(Tri. Arcade Inforhouse). Con respecto a os nosos Xurxo Rigueira

acabou 7º a pesar de que cando ocupaba a 4º posición no sector da bicicleta tirando dun

grupo de 4 duatletas fixo un recto nun xiro debido a unha mala sinalización da organización xa

que alí se atopaban 2 xuíces de carreira, Artur Pastoriza e Mario Bastero acabaron na 26º e 27º

posición respectivamente.

-As 17:45 daba comezo a categoría cadete os mais maiores cun gran nivel; ao comezar esta

proba con ela chegou a chuvia e foi unha carreira completamente en mollado.

Na categoría feminina Camila Alonso(Triatlón Ferrol) conseguiu a vitoria con bastante

facilidade xa que é unha das promesas do triatlón galego, tras ela Eva Basanta(Cidade de Lugo

Fluvial) e Balbina Tarrio(Fogar da Xuventude) nesta categoría non tiñamos representante do

noso club aínda que si unha compañeira Lorena Davila(Coutada Beade)que finalizou na 7ª

praza.



XURXO (DORSAL 73) XUNTO CON OUTRO ATLETA



ANTONIO (DORSAL 58) XUNTO CON OUTROS ATLETAS NO PRIMEIRO SECTOR


Na categoría masculina so tiñamos un representante, a nosa esperanza Antonio Serrat Seoane;

no que depositaramos toda a nosa confianza. E así foi logrou unha meritoria vitoria nun

apertado final que venceu cun ataque a falta de 200metros.

Antonio(Toño para os compañeiros)estivo toda a proba nos postos de cabeza; no primeiro

sector ia de 2º tirando dun grupo de 4 duatletas, na bicicleta escaparon un grupo de 3 no que

el se atopaba, e tras deixar a bicicleta un dos 3 descolgouse e Toño logrou a vitoria. Na

segunda praza rematou o duatleta Manuel Mariño( Roqsport.com-San Roque)e na 3ª posición

Daniel Area(Fogar da Xuventude) os nosos compañeiros do Coutada Beade remataron na 4ª

plaza David Fernández; que comezou dominando a proba correndo pero o coller a bicicleta

viuse relegado ata a 9 posición e finalmente finalizou 4º.

Tralo remate da proba todos os duatletas recibiron una mochila e 3 litros de leite.



ANTONIO NO PODIO



SARA, IRENE E LARA CO SEU PREMIO



TOÑO NO SECTOR DE BICICLETA COS OUTROS DOUS ATLETAS QUE COPARON O PODIO CADETE MASCULINO


O campeonato galego 2010 rematou coa entrega de premios e a volta do noso Club para casa

con una medalla de ouro individual no cadete masculino e un trofeo da 2º posición por

equipos das infantis femeninas.


Clasificación completas eaiquí.

Máis fotos nos alabuns do A.D.FOGAR e do TRIATLON FERROL


Texto: MANUEL MIRANDA FERNANDEZ