Máis de cen corredores presentábanse na liña de saída, nunha tarde soleada pero xélida. Despois duns minutos de retraso, os xuices árbitros daban a sinal de comenzo do primero sector pedestre que percorría por dúas veces os camiños e sendeiros do parque forestal do Vixiador. Este sector tivo un claro dominador no triatleta do Bricosa Rubén Caamaño que recolleu a súa bicicleta con case un minuto de ventaxa sobre Elpidio Gómez do Beariz Triatlón e sobre a grupeta perseguidora que comandaba Matias Pereyra.
O circuito de btt presumíase moi rápido ó non presentar grandes dificultades técnicas nen grandes ascensións, pero non carente de dureza a tenor das numerosas averías mecánicas.
O duatleta do Fluvial de Lugo, Matias Pereya foi quen de conxugar antes da primeira volta a ventaxa que lle tomara Caamaño, presentándose na segunda transición como máis de 3´de ventaxa sobre o santiagués.
O corredor do T. Beariz, Elpidio Gómez, non poido manter a súa loita polo segundo posto do caixón o sufrir unha das numerosas roturas de cadea, que xunto as patillas de cambio e algunha que outra tixa, cebáronse nuha chea de corredores.
O terceiro corredor en presentarse nos boxes para colgar a bici foi Alberto Pedreira que deixou ben ás claras cal é a súa especialidade, sendo o biker vigués o que máis preto estivo dun intratable Matias.
O último sector pedreste facíase en sentido inverso no que trascurriu o primeiro, sendo un mero tramite para confirmar o podium: Matias, Rubén e Alberto.
En categoría veterano gañou Juan Casanova do Cidade de Lugo Fluvial , sendo acompañado no podium por Pablo Menendez do Fogar e polo corredor do Motobike José R. Jacome.
Alberto Pedreira levouse o primer posto de junior, sendo Adán Nogueira e Alberto Sousa os que completaban esta categoría.
Por equipos ninguén puido co roxo e branco do CC Monte Abaixo. Compretando o podium Triatlón Arcade e Triatlón Motobike.
Brais Arias, do Mar de Vigo, estreabase na modalidade de Dua Cross vendose desfovorecido pola falta de km en Btt.
En feminas Belen Lemat mostrouse intratable, facendo uns magníficos sectores pedestres e un destacable sector ciclista. En segunda en completar o precorrido foi a triatleta do Mar de Vigo Eva Álvarez Regueiro, quen non tivo o seu mellor día. Moi regular mostrouse Flavia Colniglio acadando nos tres sectores a terceira posición.
A destacar a carreira de Silvia Deira, que soio a trialera de btt empidiu que puxese en valor os dous segundos postos da carreira a pe.
Mar de Vigo, agradece e tódolos participantes a súa participación, e aqueles que por motivo do aprazamento non puderon disputar esta carreira.
Non nos queremos esquecer dos nosos colaboradores Anca, Deportes Marcial, Rodosa, Chapistería Ángel, Frutas Sol, Aguas de Mondariz, Cocacola, Larsa, Caixa Nova, Concello de Vigo, Protección Civil de Vigo, Concello de Redondela, Comunidade de Montes de Candeán, Fegatri e todo un innumerable número de voluntarios que desinteresadamente traballaron e fixeron todo o posible para a realización deste evento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario