martes, 29 de enero de 2013

Duatlón cross de Maside


Os paso la información para Maside.
Reglamento III dúatlon cross concello de Maside                                          

1.- Organiza FederaciónGalega de Tríatlon y Concello de Maside.
Email: servizossociais.maside@eidolocal.es
Persoas de contacto:  Yolanda
Teléfono:      608.24.22.10 // 988 40 11 08     

2.- Colaboran:
  • Bar Estate Quieto
  • Materiales de Construción Cadavid, SL
  • Perruquería Triscos
  • Gadis
  • Inorde
  • Puzo do Lago Golf, SL
  • Ferretería Botana
  • Secretaría Xeral para o deporte
  • Fundación Deporte Galego
  • Serigrafía Cal-Ser
  • Engasa

3.- Patrocina: Concello de Maside

4.- Data e horario da carreira:
Domingo 3  de febreiro  de 2013 a las 11:00 horas

5.- Lugar: Alameda de Maside

6.- Recollida de dorsais: Alameda de Maside  entre as  8:30 a 10:30

7.- Control de material: De 10:00 h. a 10:45 h.

8.- Distancia: Sprint: 6 km de carreira a pe – 20 km en bicicleta – 3 km de carreira a pe

9.- Rutometro:
  • 1ºSector carreira a pé 6km(2 voltas) sobre un circuíto mixto de asfalto e terra con tramos polo medio do pobo. Saída dende a Alameda de Maside, baixada pola rúa Rodríguez Soto encarando pola carretera de Cimadevila torcendo á esquerda por un tramo de terra que nos leva a unha pista de asfalto que nos fai subir hacia o núcleo poboacional polas rúas do casco urbano, con chegada a boxes, sitos na rúa San Antonio.
  • 2º Sector de ciclismo btt 20km (3 voltas) sobre un circuíto con un 85% de montaña, o 15% restante con asfalto. Saída dende a Rúa San Antonio, saída subindo pola rúa Rodríguez Soto ata enlazar ó carón do arco de saída-meta a rúa Principal subido ata coller un camiño que nos leva á paraxe natural do Puzo do Lago donde discorrera gran parte do sector para logo no pobo de Negrelle enlazar unha pista que nos levara ata o pobo de Maside para comezar a seguinte volta.
  • 3º Sector carreira a pé 3km (1 volta) repetir o primeiro circuíto de carreira a pé, saindo dende boxes situados na rúa San Antonio, pero desta vez só unha volta e iniciando o circuito do revés. Saída – meta  - transición: - recollida dorsais: ‘Na rúa Principal e na Alameda de Maside”


10.- Inscricións: ata o 29  de xaneiro 2013
 Esta proba ten un número máximo de 151 participantes: Prezo: 10 €.

11.- Premios: Trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría, así como para os clubes.
Categorías:
  • Absoluta (M e F)
  • Xunior (M e F)
  • Veterán (M e F)
  • Clubs (M e F)

Tódol@s que rematen a proba recibirán un agasallo conmemorativo do “IIIº  Dúatlon Cross Concello  de MASIDE”

13.- Normas de competición: A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento Oficial de Competición da Federación Galega de Triatlón.

14.- Medio ambiente: A organización solicita encarecidamente que se manteña o trazado do percorrido limpo de desperdicios (envoltorios de geles, barritas, plásticos, papeis,...). Estaremos nun espazo natural e para poder seguir disfrutando del e da proba somos todos nós os que debemos velar pola súa conservación. Todos somos responsables. Se ti, participante, ves a un compañeiro depositar desperdicios no percorrido denunciao ante a organización. De non facelo serás complice. Espazos naturais, libres de desperdicios. A organización velará de forma moi especial o cumprimento deste apartado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario